O Festival de Pardiñas acollerá tamén este ano a carreira popular

TerraChaXa
Será o sábado, ás 19.00 horas, con saída e chegada a carón da Casa de Cuesta
carreira-popular-pardinas
Cartel da carreira
1 Ago 2024

Xunto ao festival de Pardiñas e dentro da súa programación, este sábado terá lugar unha nova edición da carreira popular, a XLV, que terá a súa saída ás 19.00 diante da Casa de Cuesta, ao carón do cruce.

Esta carreira conta cun percorrido para maiores de 5 quilómetros e de 700 metros para os máis pequenos, con saída e chegada ao mesmo lugar.

A inscrición da carreira farase o mesmo día, a partir das 18.30 horas no punto de saída.

A organización lembra que haberá duchas habilitadas para os participantes na proba.

0.18026185035706