O Festival de Pardiñas celebrará a súa XLVI edición os días 1, 2 e 3 de agosto de 2025

A Asociación Xermolos, organizadora do histórico Festival de Pardiñas en Guitiriz, vén de anunciar as datas da XLVI edición deste evento, declarado Festa de Interese Turístico Galego.
Este ano 2025, o festival desenvolverase durante os días 1, 2 e 3 de agosto, mantendo o seu espírito tradicional e a súa ampla variedade de actividades culturais.
Segundo informan desde a organización, a programación será semellante á do ano pasado, combinando música, tradición e participación popular.
Así, o festival contará con actuacións musicais, cantos de taberna, mostra de artesanía, carreira popular, exposición de instrumentos de música tradicional, obradoiros, espectáculos infantís e moitas outras propostas para todos os públicos.
O Festival de Pardiñas consolidouse como un dos eventos culturais máis emblemáticos de Galicia, sendo un punto de encontro para amantes da música e das tradicións populares, nun ambiente festivo e familiar.