O primeiro Festival de Poesía Guitírica comenzará o 7 de xuño
O Festival de Poesía Guitirica comenzará a súa andaina o 7 de xuño coa presentación do festival e a inauguración da exposición Aquela nena de Sarria adicada a Xela Arias na Casa Habaneira. A exposición permanecerá até o 14 de xuño e xa están programadas visitas de alumnos do instituto de Guitiriz.
O día 11 venres o alumnado da ESO do IES Díaz Castro percorrerán as rúas da vila con un roteiro poético preámbulo das actividades previstas para o festival os días 12 e 13 de xuño que incluirá as presentacións de varias novidades literarias de coñecidos poetas e escritores como Poema da Rúa das Aves de Miguel Barrera, Abril de Luz Darriba, Abecedario do país das Albarizas de Xulio Pardo de Neyra, Lareira de soños de Pastora Veres, Versos do desasosego de Ana Barral, Non estamos preparados para medrar de Teresa Ríos, Urutau e Bambán de vento de Hortensia Bautista.
Tamén presentarán a revista N°2 NPG GAZETA, as palestras sobre Carvalho Calero que contará con Antón de Guizán, Loreto de Castro e Alfonso Blanco; e a palestra de Xela Arias con María Xosé Lamas, Ana Barral e Xulio Xiz.
Haberá actuacións musicais a cargo da Escola de Música de Guitiriz con dúas agrupacións, a banda da UNED Sénior, os dúos poéticos musicais Folerpa de son e Paco Rivas e Tono, Corredores de sombra e a cantautora Eugenia Sanmartín.
O programa inclúe tamén roteiros poéticos con recitais pola vila e o roteiro guiado de Díaz Castro entre O Vilariño e O Buriz. O Festival rematará coa entrega de premios do Certame Vilariñas 2021 e o premio de poesía Díaz Castro.
Guitiriz súmase con este festival a outros existentes no país e constitúese como o primeiro da Terra Chá e da provincia de Lugo nunha iniciativa promovida polo grupo poético Nova Poesía Guitirica NPG e organizado polo concello de Guitiriz coa colaboración da vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, AC Xermolos, IES Díaz Castro, UNED Sénior, Escola de Música de Guitiriz, Asociación de hostelería De Bares, e as agrupacións poéticas de base Nómades do Verso/Colectivo Antón Borrazás da Coruña, In Nave Cívitas/colectivo Urbano Lugrís da Coruña, Moraima, a grafía da emoción de Ferrolterra, Irmandade poético artística luso galaica de Chantada, Versos de Area de Ponteareas, GADIS e Os Vilares lareira de soños.
Créase deste xeito unha nova proposta poética que contribúe a manter viva a chama poética de Díaz Castro e fai de Guitiriz o centro poético da Terra Chá a través da poesía de base e cunha ampla participación do tecido social e cultural da zona.