O festival Entrepontes de Rábade pecha o cartel do 25 de maio

TerraChaXa | LugoXa
O colectivo Fillos da Chaira de Rábade vén de convocar a celebración dun festival que se desenvolverá na localidade co título Entrepontes.
festival entrepontes rabade
7 Abr 2024

O colectivo Fillos da Chaira de Rábade pechou o cartel do Festival Entrepontes, a segunda edición, que se organiza na vila e que terá lugar o 25 de maio. Será unha cita coa música gratuíta para os asistentes.

A primeira confirmación do festival foi o grupo Lontreira, ao que seguiu o representante do celtic punk Tecor Societário. Outro dos grupos que completan o cartel do Entrepontes será Berta Fránklin, que cautivará coa súa mestura de soul, psicodelia, new-wave e rock actual.

Rábade tamén será o escenario para a estrea de Catalina Grande Piñón Pequeño en Galicia, onde ofrecerán a súa primeira actuación nun festival da comunidade.

E para a sesión vermú, algo de humor, estarán no Entrepontes The Teta's Van coas súas versións do rock'n roll.

Pecha o cartel Marqués de Vilapodre DJ, que fará unha sesión cos mellores temas para que a troula continúe.

A organización prepará durante o mes que falta máis actividades para completar en festival que naceu o ano pasado con aires de continuidade.

0.18790507316589