O Festival Entrepontes pecha o seu cartel para a edición do 30 de maio de 2026

LugoXa | TerraChaXa
Entre os nomes confirmados atópanse Rábade, Parquesvr, Monolious Dop, Ulex, Pladür e Amor Líquido
cartel-entrepontes-rabade
31 Jan 2026

O Festival Entrepontes vén de anunciar oficialmente a súa edición de 2026, que terá lugar o 30 de maio na localidade de Rábade. A organización confirmou que este ano o evento contará co cartel completo desde o primeiro momento, apostando por unha programación potente e sen concesións, coa intención de converter a xornada nunha experiencia musical intensa e inesquecible.

O escenario de Entrepontes acollerá as actuacións de bandas e artistas recoñecidos da escena alternativa e independente. Entre os nomes confirmados atópanse Rábade, Parquesvr, Monolious Dop, Ulex, Pladür e Amor Líquido, "unha combinación que promete diversidade sonora e unha forte identidade artística", din desde a organización. A proposta musical apunta a un festival marcado pola enerxía, a experimentación e o compromiso coa música en directo.

Desde a organización destacan que o 30 de maio Rábade se converterá no epicentro musical da contorna, asegurando que a cita será “un auténtico terremoto” para o público asistente. O Festival Entrepontes consolídase así como unha referencia cultural, convidando a veciñanza e visitantes a comezar desde xa a vivir unha edición 2026 que aspira a deixar pegada.

Consulta o programa neste enlace

⚙ Configurar cookies
0.075332164764404