O festival Parga Rock chega este sábado 4 de setembro

TerraChaXa
A organización volve convocar este ano o festival Parga Rock despois de que o ano pasado fose en primeiro lugar aprazado e despois suspendido.
PARGA ROCK CARTEL_PORTADA
30 Ago 2021

O festival Parga Rock chega este sábado 4 de setembro, despois de que o ano pasado fose en primeiro lugar aprazado e despois suspendido pola situación sanitaria.

Están confirmadas tres actuacións, as tres estaban previstas tamén para o ano pasado. Trátase de Reincidentes, Nuada e Rastreros.

Así contarán con Nuada, a banda de rock en galego nada no 2015 tras reunións dun grupo de amigos de Teixeiro que se xuntaban “para pasar o tempo”, e tamén poderase desfrutar de Reincidentes, o mítico grupo de rock español, formado en Sevilla e caracterizado por ter letras moi críticas coa sociedade actual.

Pecha o cartel Rastreros, referentes do Rock Bravú mesturado co punk máis indecente, irreverentes e laretos, inimigos do totalitarismo ata a saciedade, pero aínda faltan por coñecer outros grupos.

PARGA ROCK CARTEL
0.19692301750183