O festival Rumboia Viva arranca este sábado en Abadín

GaliciaXa | TerraChaXa
O apartado musical estará cargo de Abril, Aiko El Grupo, De Ninghures, Rebeliom do Inframundo e Batifoula, ademais dos djs Rapante, Somiiux e 2Paz
presentacion-rumboia-viva
27 Jun 2025

A organización do festival cultural Rumboia Viva de Abadín, xa ten todo preparado para este sábado 28 de xuño.

O primeiro artista que se confirmou foi Abril, o dúo formado por Claudia Abril e Marina Carpente, que levarán a Gontán a tradición renovada e os sons de raíz. O dúo folk galego lanzou a súa nova creación, Arredor da Mesa, unha canción que homenaxea a amizade a través de sons que fusionan tradición e modernidade.

No programa tamén estará Aiko El Grupo, coa súa enerxía punk-pop cargada de frescura, rabia e actitude.

Sumáronse tamén esta primavera varios nomes máis, como De Ninghures, Rebeliom do Inframundo ou o grupo local Batifoula. Tamén estará a DJ Rapante para os intermedios e o fin de festa desta edición estará a cargo dunha fusión entre A Mariña e A Terra Chá da man de Somiiux e 2Paz.

Está previsto un obradoiro de baile, a cargo de Hadrián de Ninghures, e unha cata de viños en cunca con comentarios de Antonio Reigosa. Non faltará o mercado de artesanía, que conta con 25 postos, así como postos de comida e unha food truck. Para os pequenos estará Paporrubio e os seus xogos.

Este ano o Festival Rumboia Viva presenta unha nova imaxe, ideada por Nahum Martínez Blanco coa que representar "a celebración da amizade, da música e da cultura".

CONSULTA O PROGRAMA AO DETALLE EN OCIOENLUGO.COM

cartel-rumboia-viva
⚙ Configurar cookies
0.16752791404724