O festival Rumboia Viva de Abadín celebrarase este ano o 27 de xuño

TerraChaXa
O colectivo traballa no deseño do programa pero asegura que haberá moitas actividades e tamén novidades
fetival-rumboia-viva-abadin
29 Jan 2026

A Asociación xuvenil A Rumboia, de Abadín, anunciou a celebración da cuarta edición do Rumboia Viva, un festival cultural que terá lugar o próximo mes de xuño, na porta da Terra Chá. A data que avanza o colectivo é o 27 de xuño, continuando co cambio de data que tivo lugar o ano pasado.

O colectivo traballa no deseño do programa pero asegura que haberá moitas actividades e tamén novidades aínda que música, xogos e obradoiros volverán ser os grandes protagonistas.

"Garda ben a data no almanaque, porque o vindeiro 27 de xuño ninguén vai quedar sen bailar no Campo da Feira de Gontán", din desde a organización.

Presentan unha nova imaxe, ideada por Bruno Arias "que cheira a festa, amizade e que captura á perfección a alegría que se vive no Rumboia Viva".

 

⚙ Configurar cookies
0.056971073150635