O Festival Rumboia Viva fai pública a lista de participantes na segunda edición

TerraChaXa
A Asociación xuvenil A Rumboia, de Abadín, anunciou a próxima celebración de Rumboia Viva, un festival cultural que terá lugar en xullo
festival rumboia viva abadin
10 Apr 2024

A Asociación xuvenil A Rumboia, de Abadín, anunciou a próxima celebración da segunda edición de Rumboia Viva, un festival cultural que terá lugar o próximo mes de xullo, na porta da Terra Chá. A data que avanza o colectivo é o 27 de xullo.

O pasado ano, esta celebración tivo un gran éxito e este ano no se espera menos cos artistas confirmados que presentou a organización. Así, a falta, do cartel definitivo, abriu esta lista Familia Caamagno, e sumáronse posteriormente Lontreira, Grande Amor e Mondra. Ademais estarán dous DJ de prestixio, Peabody e Yaya. Pecha o cartel un toque enxebre da man de AC Andrade, que terá a misión de inaugurar unha tarde noite de música onde se combinarán as pandeiretas, a tradicional e algunhas regueifas.

O colectivo continúa a traballar no deseño do programa no que haberá moitas actividades ademais da música. Así, teñen prevista ter algo de gastronomía, artesanía, xogos e obradoiros, entre algunha sorpresa máis. Entre estes está confirmada a celebración dun obradoiro de xogos populares para menos e maiores a cargo de Xotramu de Muimenta. Tamén haberá un obradoiro de flores para o que é precisa inscrición previa no 647 892 259.

A organización adiantou que este ano van poñerse a bailar "ata as queirugas".


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17858099937439