O film vilalbés 'Julia' faise con oito candidaturas aos premios Mestre Mateo

TerraChaXa
O cineasta Jacobo Lagüela, o equipo Castro Films e Mate Estudio foron nominados en oito candidaturas aos XXI Premios Mestre Mateo polo film Julia.
18 Xan 2023

O cineasta Jacobo Lagüela, o equipo Castro Films e Mate Estudio foron nominados en oito candidaturas aos XXI Premios Mestre Mateo polo film Julia.

Esta peza, que documenta a extinción e abandono do rural a través dos ollos da súa protagonista, unha avoa de 87 anos de idade, opta aos premios da Academia Galega do Audiovisual nas categorías de Mellor Documental, Dirección, Dirección de Fotografía, Guión, Actriz Protagonista, Montaxe, Música Orixinal e Sonido na gala que terá lugar o próximo 11 de marzo no Auditorio Municipal de Ourense.

O concello de Vilalba apoiou o proxecto dende o seu inicio, cando Jacobo Lagüela presentou a idea á Concellería de Cultura.

O propio autor amosou o seu agradecemento o pasado mes de marzo cando, despois de 8 anos de traballo, elixiu o auditorio Carmen Estévez de Vilalba para facer unha preestrea privada na que non faltaron nin a protagonista nin os membros do equipo.

“Apoiamos a produción audiovisual dos mozos e mozas vilalbeses e a súa mirada fronte ao mundo que os rodea, nesta ocasión falando da súa avoa, unha muller do rural vilalbés, da parroquia de Sancovade”, subliña a concelleira de Cultura, Vanesa Siso.

“Documentais coma este fannos reflexionar, e sobre todo serven para poñer en valor figuras como a de Julia, á que lle queremos dar as grazas ao igual que a todas as mulleres que sostiveron comunidades co seu traballo e dedicación”, engade pola súa parte a alcaldesa, Elba Veleiro.

Pódese consultar toda a información sobre o filme neste enlace.

0.19293093681335