O filme 'O que arde' chega ás parroquias de Lourenzá
TerraChaXa | AMariñaXa
O filme 'O que arde' chega ás parroquias de Lourenzá
9 Dec 2020
O Concello de Lourenzá dentro do programa de actividades de dinamización das parroquias, o Concello en colaboración coa Deputación, proxectará en todas as parroquias o filme O que arde de Óliver Laxe.
As datas e horario das proxeccións son o venres 11 ás 20.30 horas, na escola de San Adriano; o sábado 12 ás 20.00 horas, no salón de actos do Concello; o venres 18 ás 20.30 horas, no centro social de San Xorxe; e o sábado 19 ás 20.00 horas no pavillón polideportivo de Santo Tomé.
Haberá limitación de aforo e en breve informarase como conseguir as entradas que serán gratuítas.