O FIV 2024 arranca este xoves coa venda dos primeiros abonos

TerraChaXa
A organización do FIV 2024 volve a vida.
FIV VILALBA 20223
3 Xan 2024

A organización do FIV 2024 volve a vida. Fixo público xa as datas da próxima edición, que se manterá entre o 26 e o 27 de abril na capital vilalbesa. As primeiras confirmacións do cartel desvelaránse nas próximas semanas, "volvéndose a apostar pola mellor música independente e poñendo no mapa ao noso Concello como un dos destinos musicais de referencia para os máis melómanos", confirman desde a organización.

As datas déronse a coñecer xunto coa notificación de que este xoves sairán á venda os primeiros abonos a partir das 10.00 horas na web do festival. Ademais, e con motivo deste anuncio, dende o Instagram oficial do festival está a ter xa lugar un sorteo exprés de 10 abonos para os participantes.

Outra das novidades deste ano é que o festival volverá ás súas orixes, celebrándose de novo na Praza da Constitución, no corazón da localidade, co obxectivo de retomar un formato máis íntimo, con mellor accesibilidade para os veciños e veciñas e fomentando unha relación máis estreita cos negocios locais.

Ás 10 horas sairá unha primeira cota para os máis fieis, o abono Fiver Devotxs cun prezo de 25 euros e cando se esgote a súa cota, sairá un novo abono Fiver xeral, a 30 euros, con capacidade limitada. Por último, o terceiro e cuarto tramo, a 38 e 45 euros, respectivamente, estarán dispoñibles unha vez se esgoten os abonos anteriores. Todos estes prezos levan ademais gastos de xestión.

O festival volve contar un ano máis co apoio de VibraMahou, isto é a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que impulsa os encontros en torno ao directo.

0.20074605941772