O FIV de Vilalba regresará en abril de 2026 con música, emoción e un sorteo especial

TerraChaXa
O festival anuncia as súas datas para o próximo ano e pon en marcha un sorteo de cinco abonos individuais a través de Instagram
FIV 2026
14 Nov 2025

O FIV de Vilalba xa fixa rumbo ao 2026 e confirma que regresará os días 24 e 25 de abril cunha nova edición cargada de música, emoción e esa atmosfera tan particular que o converte nun dos encontros indispensables da primavera cultural galega. A organización destaca que o festival pretende recuperar esas sensacións inesquecibles que deixan pegada: unha canción que fai vibrar a praza, unha aperta baixo as luces do escenario ou a certeza de estar no lugar perfecto e coa compañía axeitada.

Co anuncio das datas tamén chega unha sorpresa para o público máis fieis. O FIV mantén activo un sorteo en Instagram no que se repartirán cinco abonos individuais para asistir ao evento. As persoas interesadas poden participar ata o xoves 20 de novembro.

O festival, celebrando no corazón da Terra Chá, avanza así unha edición que promete volver reunir a milleiros de asistentes arredor da música e os encontros que definen o espírito FIV.

⚙ Configurar cookies
0.068706035614014