O FIV fai públicos os horarios para a súa cita de finais de abril

TerraChaXa
A programación arrancará o venres 24 no escenario Vibra Mahou, con apertura de portas ás 19.00 horas
FIV-VILALBA-20222
8 Apr 2026

Vilalba converterase os días 24 e 25 de abril de 2026 no epicentro da música en directo cunha nova edición do Festival Independente de Vilalba (FIV), que reunirá a artistas destacados do panorama actual e propostas para todos os públicos.

A programación arrancará o venres 24 no escenario Vibra Mahou, con apertura de portas ás 19.00 horas. A xornada dará comezo ás 19.30 coa actuación de Futuro Alcalde, seguida de Celia Becks ás 21.00, Carlos Ares ás 22.45 e Alcalá Norte ás 00.30. A noite completarase cunha sesión na zona DJ a cargo de Rapariga DJ.

O sábado 25 dividirase en dúas propostas diferenciadas. Durante o día, o escenario #FIVer by Lactalis acollerá actividades cun ambiente máis familiar, comezando ás 12.30 coa Banda de Música de Vilalba, seguida de Grande Osso ás 13.45 e unha sesión de karaoke con FIVStars e Esteban ás 15.30.

Xa pola noite, o escenario principal retomará a programación con apertura de portas ás 19.00 horas. Os concertos arrancarán ás 19.30 con Repion, continuarán con Puño Dragón ás 21.00, La M.O.D.A. ás 22.45 e pechará Ángel Stanich ás 00.45. A xornada concluirá cunha nova sesión DJ a cargo de Grande Osso.

O festival manterá ademais o horario continuado de billeteira, aberto de 12.00 a 00.00 horas, consolidándose como unha das citas musicais máis destacadas do calendario galego e un importante revulsivo cultural e económico para a Terra Chá.

0.12152194976807