O FIV logra seis nominacións nos Iberian Fetival Awards

O FIV de Vilalba volve situarse entre os festivais máis destacados ao lograr seis nominacións nos Iberian Festival Awards 2026, uns galardóns que recoñecen a excelencia e a innovación na organización de eventos musicais en España e Portugal.
Entre as candidaturas ás que opta o FIV atópase como Mellor Festival de Tamaño Medio, Mellor Estratexia de Comunicación e Márketing ou Mellor Acollida e Recepción, recoñecendo o coidado trato aos artistas e asistentes. Ademais, a actuación en directo do grupo Shinova está nominada como Mellor Performance en España, un dos apartados con maior visibilidade do certame.
O talento audiovisual tamén lle vale ao FIV dúas candidaturas adicionais: Mellor Fotografía de Festival, pola obra de Mattias Monsterkid, e Mellor Cobertura en Vídeo, a cargo da produtora Trece Amarillo. Estes recoñecementos poñen en valor o traballo creativo e técnico que cada ano contribúe a construír a identidade visual do festival.
A organización do FIV celebra estas seis nominacións como un impulso ao proxecto e como unha mostra do apoio crecente que recibe un evento que xa forma parte da marca cultural de Vilalba e da provincia de Lugo. Os gañadores dos Iberian Festival Awards coñeceranse nos próximos meses, nunha gala que reunirá aos principais axentes do panorama musical ibérico.
Avanzan tamén que o xoves 11 darase a coñecer o programa ao completo.