O FIV presenta a súa programación para este abril

TerraChaXa
O Concello de Vilalba volverá tinguirse de fucsia do 22 ao 24 de abril para celebrar a décimo quinta edición do FIV de Vilalba
fiv 2022 concerto
23 Mar 2022

O Concello de Vilalba volverá tinguirse de fucsia do 22 ao 24 de abril para celebrar a décimo quinta edición do FIV de Vilalba. As actuacións estarán repartidas durante a fin de semana nos escenarios situados na Praza da Constitución, o Escenario Emerxente, e no Campo da Feira, o Escenario FIV.

A conta atrás comezou. En menos dun mes, o FIV de Vilalba volverá tinguir de rosa fucsia a localidade que lle viu nacer fai xa quince edicións. Do 22 ao 24 de abril, o FIV acollerá este 2022 un dos carteis máis completos que se lembran.

Unha oferta musical que naceu anos atrás, ao amparo das Festas Patronais de Vilalba, e que, tras máis dunha década de historia, foi adaptándose aos tempos ata converterse nun referente do calendario festivalero nacional. A partir da cuarta edición, o festival adquiriu entidade propia, celebrándose ininterrompidamente nos meses primaverais ano tras ano; ata a chegada da Covid19. Agora, por fin, o FIV volve á súa orixe e abrirá de novo a tempada de festivais ao grande, xa que a oferta vai moito máis alá da música.

Trátase dun evento único que funciona ademais como dinamizador cultural do territorio, xa que durante o mesmo, a música mestúrase con outras disciplinas atractivas que completan a experiencia. De novo, nesta edición, o FIV de Vilalba e o Concello de Vilalba darán continuidade á programación paralela ao festival, que pasa por unha oferta gastronómica de primeiro nivel, a experiencia na zona de acampada… Todo ao dispor dun público moi fiel que contará, como sempre, cunha proposta apta para todas as idades. O festival conta ademais co apoio de Vibra Mahou, a plataforma de música de Mahou Cinco Estrellas que xera encontros en torno ao directo.

O FIV abre a tempada do calendario festivalero, e faino ao grande. Cun exquisito cartel que aúna bandas e artistas de primeira liña do panorama indie nacional e galego. Pois Sen Senra, Viva Suecia, Natalia Lacunza, La La Love You, Rufus T. Firefly, Cupido, Carlos Sadness, Baiuca, Forget la france, Delafé Dj Set, Idoipe, la Banda de Música de Vilalba, The Zephyr Bones, Kokoshca, Juárez, Fábrica de Espejos e as sesións dj a cargo de Rapariga Dj, Isaac Peces, Saya e Russ conforman unha das programacións máis completas que se lembran. Un total de dezanove propostas que chegan ao festival con novas cancións, novos discos e mesmo estreando material a piques de saír.

Vilalba gozará durante esa fin de semana das diversas actuacións e actividades, que estarán repartidas entre os escenarios situados na Praza da Constitución -o Escenario Emerxente-, e no Campo da Feira -o Escenario FIV-, albergando este ano un aforo para 5.000 persoas. Un evento que garantirá, en todo momento, a seguridade de público e artistas seguindo os protocolos sanitarios vixentes durante a súa celebración.

Un acontecemento clave para Vilalba, que pode desenvolverse grazas ao apoio do concello e que supón para a localidade unha inxección importante en canto á revitalización económica; pois o seu desenvolvemento tradúcese en emprego, promoción da localidade, e atracción do turismo. Ademais, este ano volverá a reactivarse a campaña #EuSonFIV, na que comercio e hostalería ofrecerán diferentes descontos na vila a todos aqueles clientes que acrediten ser público do festival (mediante a pulseira oficial do FIV 2022).

O FIV, xunto ao Concello de Vilalba, volve conxugar a esencia do propio festival marcada polos mellores artistas do panorama indie nacional dando continuidade á programación paralela do festival, aproveitando distintos espazos da localidade dinamizando e ampliando a actividade na vila. Actividades alternativas, aderezadas coa mellor música en directo, e coa posibilidade de combinalo todo coa oferta gastronómica local. Unha nova edición do FIV que volve destacar nesta 15ª edición a importancia e o protagonismo de Vilalba.

Os abonos continúan á venda a través da web a un prezo de 45€ (+g.x.) tras esgotarse os tres primeiros tramos.

0.1636061668396