O FIV presenta o seu cartel ao completo
O FIV de Vilalba vén de comunicar quenes serán os quince artistas que irán do 28 ao 30 de abril a Vilalba. Grupos de renome como Lori Meyers e Sidecars completan o cartel xunto os xa confirmados La Casa Azul, Sidonie, Delaporte, Carlangas e Hickeys. Tamén contarán con nomes galegos como Moura ou Berta Franklin. Sen esquecer dos DJs que amenizan as veladas para que a festa non termine e a Banda de Música de Vilalba que nunca se perde a cita.
Dende hoxe tamén están dispoñibles as entradas para menores na web do festival. As entradas seguen á venda no terceiro tramo a un prezo de 38 euros. A organización tamén anunciou que volverá haber campamento e contarán cun servizo de autobuses dende Lugo e A Coruña.
OS GRUPOS
Lori Meyers ️ é un dos catro grupos más importantes do panorama indie patrio. A banda de pop-rock alternativo, formada por Noni, Alejandro e Alfredo, nace a finais dos 90 pero o seu éxito non deixa de aumentar. En Octubre de 2021, tras catro anos de inactividade e coas dificultades derivadas da pandemia, o grupo presenta o seu álbume “Espacios Infinitos”; co que siguen xirando este ano.
La Casa Azul é unha das bandas máis emblemáticas do país e corona o cartel dos primeiros artistas desvelados para esta nova edición. Nos seus concertos transporta ao público a un mundo de fantasía. Todo un espectáculo de luz e cor que se move entre a melancolía e a felicidade máis explosiva, o seu directo non deixará a ningún indiferente.
Sidonie leva máis de dúas décadas de andaina, consolidándose como unha das grandes bandas de rock españolas. Dende aqueles primeiros compases nos que en determinados momentos do show recurrían a disfraces para defender o seu debut ata a actualidade, o grupo pasou por múltiples escenarios principais e salas co cartel de localidades esgotadas. Tres siluetas recoñecibles ao instante. É algo que non cambiou desde o “Shell Kids”, o seu segundo álbum, o último antes de que o grupo deixase atrás o inglés para cantar en castelán.
Sidecars é un grupo de pop-rock español, xurdido en Madrid, que debuta en 2008 co seu álbume homónimo. Estribillos e letras pegadizas que fan que sexan un reclamo en festivais de todo o país. Hoxe en día son unha das bandas destacadas dentro do imaxinario do indie rock español.
Delaporte é un dúo hispano-italiano afincado en Madrid, formado por Sandra Delaporte e Sergio Salvi. Hoxe en día están considerados unha das mellores bandas de pop electrónico en España. Durante 2021 impulsaron o proxecto feminista “Titanas” para visibilizar á muller na industria da música en vivo e tamén lanzaron o seu último EP “Abril” para volver ao seu son clubbing no que denominaron “La vuelta al club”. Desde entón, están a presentalo de xira por toda España e o FIV será unha das paradas máis esperadas en Galicia.
Carlangas, ex vocalista de Novedades Carminha, presentou este ano o seu début en solitario cun fixache estrela: Manu Chao. Coa canción “Cae la noche”, Carlangas ensina unha nova cara do universo sonoro que plasmará no seu álbum de debut que presentará nesta nova edición do FIV.
Moura son, sen dúbida, unha das bandas de rock más interesantes do panorama nacional. Dende un recóndito lugar entre a costa e a montaña, Moura debuxan un pequeño mapa do patrimonio inmaterial do pobo galego. A banda convida a formar parte do seu aquelarre, empregando a lingua galega como voz ritual.
Hickeys, banda exclusivamente feminina que comezou a súa viaxe en 2018. O seu son abraza ao máis escuro post punk e, á vez, ao máis fino rock alternativo, irrompendo no panorama nacional influenciadas, sobre todo, pola escena post punk inglesa. Cun estilo onde reinan a contundencia e a sensibilidade, presentarán no FIV o seu primeiro proxecto, Fragile Structure, que foi estreado o pasado mes de setembro.
Los Malinches son una de las bandas que mejor representa el resurgimiento psicodélico inspirado en los años 60 y 70. Sus composiciones y una cuidada puesta en escena, captan la atención de todo el panorama alternativo.
Berta Franklin é un quinteto lucense formado no 2017. Nos seus comezos, a banda destaca por apostar polo soul de raíz americana, pero co paso do tempo os sintetizadores collen forza para dar paso a un son electrónico que evoca con nostalxia o pop dos anos oitenta.