O FIV terá lugar entre os días 22 e 24 de abril

TerraChaXa
FIV anunciou onte a nova data para o festival deste ano, que recupera a súa data habitual de abril e terá lugar entre os días 22 e 24.
fiv vilalba 2022 portada
11 Feb 2022

A organización do FIV anunciou onte a nova data para o festival deste ano, que recupera a súa data habitual de abril e terá lugar entre os días 22 e 24 continuando co formato utilizado o ano pasado coas medidas anticovid.

Nada se sabe aínda da programación do festival, que a organización, como todos os anos, irá desvelando pouco a pouco pero que segue na mesma liñas das edicións anteriores. A que será a XV edición do FIV abrirá tempada de festivais en Galicia e contará con dous escenarios de novo, a praza da Constitución e co campo da feira. Esta división faise para evitar concentracións de persoas. Así mesmo, ademais de música, o festival contará de novo con actividades paralelas que tamén se darán a coñecer en próximas datas.

Tamén en breves días sairán á venda os primeiros abonos para esta nova edición.

O FIV suspendeuse o ano 2020, previsto para un mes despois de que se iniciase a pandemia en España e o ano pasado celebrouse en setembro debido a que en abril a situación sanitaria non o permitía.

0.19465708732605