O FIV vendeu máis de mil entradas na primeira hora de apertura de taquilla
TerraChaXa
O FIV esgotou onte nos primeiros minutos os dous primeiros grupos de abonos para o festival do 2024, que terá lugar entre o 26 e o 27 de abril.
5 Xan 2024
O FIV esgotou onte nos primeiros minutos os dous primeiros grupos de abonos para o festival do 2024, que terá lugar entre o 26 e o 27 de abril.
As entradas puxéronse á venda ás 10.00 horas a un prezo de 25 euros e nuns minutos quedaron esgotadas. O segundo tramo, a 30 euros, tamén quedou rapidamente esgotado polo que ás 11.o0 xa estaban á venda as do terceiro tramo, e 38 euros. Estas seguen á venda. Cando se esgoten abrirase un cuarto tramo que ten un prezo de 45 euros.
A organización afirma que xa se venderon máis de mil entradas no primeiro día de apertura da venda e antes de que se coñeza o contido do festival.