O Fogar de Maeloc acolle a primeira foliada do ano coa estrea de Vaia Xeito

Este sábado 22 de febreiro, a música tradicional encherá o Fogar de Maeloc coa primeira foliada do ano, unha cita imperdible para os amantes da festa e do folclore galego.
O evento, que dará comezo ás 20:00 horas, contará coa presentación dun novo proxecto musical na comarca: o grupo Vaia Xeito, formado por músicos da contorna, que subirán ao escenario acompañados de A Chocolateira.
Trátase dunha foliada aberta, onde todas as persoas asistentes poderán participar tocando e bailando nun ambiente festivo e comunitario. Ademais, para repoñer forzas, haberá racións e bebida dispoñibles.
A cita celebrarase na Cafetería da Casa da Cultura da Pastoriza, e desde a organización fan un chamamento a compartir e apoiar esta nova iniciativa musical na comarca.