O Fogar de Maeloc celebra este domingo unha sesión vermú

TerraChaXa
O Fogar de Maeloc da Pastoriza quere recuperar os anteriores costumes de reunión de veciños coa celebración dunha sesión vermú.
sesion vermu fogar de maeloc portada
sesion vermu fogar de maeloc portada
9 Dec 2022

O Habitat Cultural Fogar de Maeloc da Pastoriza quere recuperar os anteriores costumes de reunión de veciños coa celebración deste domingo, 11 de decembro, dunha sesión vermú na casa da cultura local.

Así, está prevista unha sesión musical que dará comezo ás 13.00 horas con Os do Campo, e continuará con Erika e Peluxias e Os Konstantinos, ás 13.45 e 14.30 horas respectivamente.

A sesión vermú contará con racións de tapeo con produto local da tempada pero o seu obxectivo segue a ser que participen a veciñanza.

sesion vermu fogar de maeloc
0.087347984313965