O Fogar de Maeloc organiza rutas de sendeirismo durante o verán

TerraChaXa
O Hábitat Cultural Fogar de Maeloc da Pastoriza, que pechou durante o confinamente e xa abriu as súas portas de novo recupera a súa actividade cultural organizando unha serie de rutas de sendeirismo baixo o título Camiña Pastoriza todos os sábados dos meses de xullo e agosto.
Captura de pantalla 2020 06 19 a las 12.29.16
22 Xuño 2020

O Hábitat Cultural Fogar de Maeloc da Pastoriza, que pechou durante o confinamente e xa abriu as súas portas de novo recupera a súa actividade cultural organizando unha serie de rutas de sendeirismo baixo o título Camiña Pastoriza todos os sábados dos meses de xullo e agosto.

O obxectivo segue a ser poñer en valor "os bosques e camiños, regatos grandes e pequenos, Augas de Fonmiñá e Castro de Saa con segredos incluidos baixo terra".

Estas rutas contarán coa opción á comida nun entorno natural ou na cafetería. Están preparadas para todas as persoas, pois poden adaptarse en función do grupo. Os interesados en recibir máis información e apuntarse poden facelo a través do teléofno 622 913 968.

O programa comezará coa Ruta da Auga, que une Baltar e Fonmiñá, pasando polo Castro de Saa, o sábado 4 de xullo. O día 11 contonuarán coa ruta Galicia Máxica de Maeloc que inclúe visita ao CIM de Bretoña, Couto da Ouruxeira, onde se celebrou o Lugnasad.

As rutas iranse alternado cada sábado ata finais de agosto, aínda que poden modificarse en función das necesidades do grupo ou do clima. En ambas as dúas, pódense incluír xantar ou merenda para levar ou comer na cafetería.

O prezo é de 5 euros por persoa, 15 euros se inclúe xantar. Os menores de 10 anos non pagan.
Captura de pantalla 2020 06 18 a las 11.09.22
0.19534993171692