O FSF Castro golea ao Laínco Rubí para facerse cunha praza nos cuartos da Copa da Raíña de fútbol sala

LugoXa | TerraChaXa
O equipo chairego derrotou ao catalán por un avultado 8-0 e, polo tanto, cunha superioridade manifesta xa nos dez primeiros minutos
fsf-castro-copa-na-raina
18 Dec 2024

O FSF Castro Bloques Cando, que recibiu no Municipal ao barcelonés Laínco Rubí FS, fíxose este martes á noite cunha das oito prazas dispoñibles para os cuartos de final da Copa da Raíña.

O equipo chairego derrotou ao catalán por un avultado 8-0 e, polo tanto, cunha superioridade manifesta, xa que nos dez primeiros minutos de partido acadou un parcial de 4-0. Antes do intermedio chegou o quinto. Logo da volta por vestiarios e dun novo tanto local, deron algo máis de xogo mantendo en todo momento a porta a cero. Completaron o marcador con dous goles máis no tramo final.

As goleadoras foron Daniella e Luisa, cun dobrete cada unha, Ana, Jennifer, Laura e Verónica.

O chairego superou na segunda eliminatoria, celebrada no mes de novembro, ao Intersala Zaragoza por 1-3.

A seguinte sesión será no mes de maio, cunha concentración a primeira fin de semana para disputar os cuartos, semifinais e final.

Este mércores 18 será a vez do Pescados Rubén Burela, ao que lle toca viaxar para enfrontarse ao Almagro ás 20.30 horas.

 

0.19471216201782