O Galibudo de Vilalba terá o seu lado máis solidario

TerraChaXa
Un ano máis desde a Escola de Tae Kwon-Do Moo Duk Kwan de Vilalba celebrarán o Galibudo 2020, este evento de nivel nacional que se fará durante o 5 e 6 de setembro.
89070149_10219253055348716_8379359737115836416_n
27 Xul 2020

Un ano máis desde a Escola de Tae Kwon-Do Moo Duk Kwan de Vilalba celebrarán o Galibudo 2020, este evento de nivel nacional que se fará durante o 5 e 6 de setembro.

Este ano e debido á situación excepcional as actividades veranse reducidas no referente ao número de persoas, 25 en clases prácticas e 30 en comidas.

Este ano sacarán o sei lado máis solidario poñendo á venda unhas pulseiras representativas do evento e de Villalba, no que os beneficios irán destinados a apoiar aos que máis o poidan necesitar nestes momentos.

Desde a organización decidiron desenvolver varias accións paralelas, é dicir, a parte practica e teórica especifica do contexto das Artes Marciais e ademais terán a ocasión de coñecer paisaxes e lugares verdadeiramente emblemáticos da contorna.

O punto de reunión será o Parador Nacional de Turismo o sábado entre as 10 e as 10.15 horas procedendo á celebración das actividades previstas segundo permítanolo a climatoloxía. En caso de bo día realizarase unha excursión a un lugar especial para facer un adestramento na natureza e faremos sesións fotográficas e na tarde teremos salón de actos con charlas a cargo dos mestres asistentes.

En caso de mal día, procederase a realizar as actividades de salón de actos na mañá e a tarde será libre, podendo gozar daquelas actividades que puidese ter previstas o concello xa que son as festas patronais.

Xa na noite ás 21.30 terá lugar a cea de Galibudo no Parador Nacional de Turismo e o domingo a actividade será ás 10.30 no Parador Nacional de Turismo, ao que recomendan levar bañador. Xa ao mediodía será a despedida no restaurante da praia fluvial de Vilalba.

0.13449120521545