O GDR-4 resolve a terceira convocatoria de axudas Leader
O GDR-4 apoia en total seis proxectos cun investimento total de 1.3 millóns de euros, ademais de investir recursos en animación e dinamización territorial.
A Xunta Directiva do Grupo de Desenvolvemento Rural Comarca de Lugo, GDR-4, resolveu a terceira concesión de axudas do programa Leader 2014-2020, que xestiona nos 7 concellos integrantes deste grupo de desenvolvemento rural e que engloba Friol, Outero de Rei, Rábade, Guntin, O Corgo, Castroverde e Lugo.
Estas axudas xa foron aprobadas por Agader e a súa publicación é inminente.
En total foron concedidas subvencións a un total de 6 proxectos, que supoñerá un investimento total de 1.308.089,09 euros, e recibirán axudas Leader a través do GDR4, por un importe de 612.636,32 euros.
Os proxectos engoblan un non produtivo promovido por entidades públicas, que investirán 294.947,85 euros ,ascendendo o orzamento aceptado polo GDR-4 á cantidade de 160.000 euros.
Nos proxectos produtivos, un total de cinco, onde se acumula a maior cantidade de diñeiro investido polo tecido empresarial desta comarca, en concreto 1.013.141,24 euros, que recibirán unha subvención total de 452.636,32 euros.
Nesta convocatoria de axudas, aínda que non se dispón de fondos para plans non produtivos de entidades privadas, as solicitudes recibidas no GDR4, supoñerían un investimento total de 259.679,54 euros.
Estas iniciativas empresariais, destacou o presidente do GDR-4 Comarca de Lugo José Angel Santos Sánchez, contribuirán á creación de 6 novos postos de traballo e á consolidación de 25 xa existentes en todo o ámbito de actuación do GDR-4.
José Angel Santos, engadiu que o grupo de desenvolvemento rural Comarca de Lugo espera que esta terceira resolución de proxectos Leader, sirva de estímulo e impulso aos potenciais promotores de novos proxectos empresariais para a próxima convocatoria de axudas 2020, cuxo prazo de presentación atópase aberto, animando a estes promotores a que acudan á sede do GDR-4 Comarca de Lugo, sita en Friol, para que poidan resolver as dúbidas relativas ao seu plan de man do equipo técnico do GDR-4.
En termos globais, o total acumulado nas convocatorias de axudas Leader, para os períodos 2017-2019, no GDR-4, arroxa a cifra de 20 proxectos aprobados, cun investimento total de 4.302.595,88 euros, e axudas achegadas do Plan Leader que ascenden a 2.092.138,55 millóns.
Na presente convocatoira, as iniciativas empresariais máis elevadas en canto ao investimento son un total de tres e a que conta co orzamento máis elevado (393.463,09 euros), trátase da apertura dun hotel cultural nun inmoble emblemático, no centro de Friol.
A esta iniciativa séguelle con 294.947,85 euros un plan para a posta en marcha dun espazo colaborativo para a poboación da comarca de Lugo e o terceiro proxecto en canto a gasto é o relativo a un servizo de limpeza de cisternas, estimándose o seu custo 250.000 euros, contando este proxecto coa peculiaridade de que será un dos primeiros negocios destas características que abrirá as súas portas na comarca de Lugo, para dar servizo non só aos concellos da mesma senón a toda a provincia.
Por último, cabe lembrar que a asignación total da medida Leader para o período 2014-2020 é de 84 millóns de euros.
Os seus principais obxectivos pasan por mellorar as condicións para crear e manter emprego no medio rural e dotar de servizos á poboación destas zonas, favorecendo a mellora do seu nivel de vida. Trátase tamén de favorecer a ocupación sustentable do territorio, prestando atención especial ás mulleres, aos mozos, ás persoas con discapacidade ou maiores.
Outros fins que persegue o GDR-4 Comarca de Lugo, son os de garantir a sustentabilidade da actividade no rural, mediante o coidado e a utilización adecuada dos recursos naturais, potenciar a gobernanza local e a animación social do territorio.
Para esta anualidade destinouse a animación o importe aproximado de 23.000 euros que ha permito realizar entre outras actividades, xornadas de difusión da medida Leader e dar a coñecer o GDR-4, xornadas que eduquen e fomenten a saúde no deporte e a actividade física, proxección dun filme que trata de concienciar á poboación rural da importancia do acceso ás actividades cotiás dos colectivos desfavorecidos, xornadas que faciliten o acceso ás novas tecnoloxías, xornadas para dar difusión ao Banco de Terras, así como a valorización do patrimonio cultural.