O GDR imparte un curso sobre permutas de terras

TerraChaXa | LugoXa
Friol acollerá un novo curso organizado polo GDR Comarca de Lugo que leva por título As permutas na economía social. Aplicación da Lei
curso permutas friol portada
9 sep 2022

O centro colaborativo de Friol acollerá a próxima semana un novo curso organizado polo GDR Comarca de Lugo que leva por título As permutas na economía social. Aplicación da Lei.

A formación, que estará impartida por Miguel Rodríguez e Víctor de la Cruz (Sial Ingeniería) e o equipo xestor do GDR Comarca de Lugo, terá lugar os días 12, 13, 14, 15 e 16 de setembro en horario de 10.00 a 14 horas, para cumprir un máximo de 20.

Neste curso explicaranse os fundamentos da concentración parcelaria e a xestión que se está levando a cabo na comarca de Lugo, así como as necesidades destas actuacións. Así mesmo tocaranse temas como as aldeas modelo ou o polígono agroforestal para entrar ao final das ponencias nas permutas de terras antes e despois da lei aprobada en novembro do ano pasado.

curso permutas friol
0.12376594543457