O GDR informará sobre o programa LEADER e as axudas en varias xornadas
O GDR desenvolve unha serie de xornadas informativas sobre os obxectivos do programa LEADER e a tramitación de axudas dirixidas a achegarse aos futuros promotores e colectivos profesionais vinculados ao desenvolvemento do territorio este proxecto.
Así, haberá sesións informativas en Castroverde (o 22 de marzo), Guntín (23 de marzo), Friol (26 de marzo), Corgo (27 de marzo) e Outeiro de Rei, Rábade e Lugo (o 28 de marzo). A actividade de Friol terá lugar ás 16.30 horas na Casa da Cultura mentres que a última sesión, que unifica nunha mesma xornada a tres concellos, terá lugar na Casa da Cultura de Outeiro de Rei, á mesma hora.
A intención destas xornadas non é só a información, están encamiñadas tamén á captación de proxectos, para o que se elaborará e distribuirá unha ficha tipo de proxecto para que os asistentes cubran e se dirixa ao GDR.
O proxecto está dirixido a toda a poboación do GDR4 e ademais incidirá nos plans de melllora para titulares de explotacións agrarias, tendo en conta a estratexia do grupo e que o sector agroalimentario é un dos pilares da mesma.