O GDR leva este venres a Outeiro de Rei unha xornada de Interritmos
LugoXa | TerraChaXa
Haberá un faladoiro, un showcase musical con Axeito e unha degustación de produtos locais
30 Jan 2025
Interritmos chega á Comarca de Lugo da man do GDR Comarca de Lugo cun evento que se celebrará en Casas da Fortaleza, en Outeiro de Rei.
O venres 31 de xaneiro ás 18:00 horas, compartirase un espazo de encontro e diálogo a través do faladoiro con Faustino Núñez, David Pino e Julia Pozo, da man de Patricia Hermida.
A continuación, haberá un showcase musical con Axeigo, grupo de música tradicional de Rábade e ao remate, haberá unha degustación de produtos locais.
O aforo é limitado, polo que cómpre inscribirse enviando un e-mail a interritmos@paideia.es
Esta xornada está organizada polo GDR Comarca de Lugo e adscrita ao programa de formación e acompañamento coworking Interritmos: empredemento música de raíz.