O GDR Terra Chá aproba as axudas a catro proxectos de entidades locais
Vilalba acolleu a reunión da xunta directiva da Asemblea Xeral do GDR Terra Chá na se que deu conta do reparto das axudas ós proxectos non produtivos promovidos por entidades locais, que ascenden a 148.000 euros
Trala revisión dascontas anuais do ano 2022 e do plan de actuación para o ano 2024 e o informe anual Leader a directivo comunicou os proxectos recibirán unha achega desta insitución.
Así, foi beneficiado o proxecto de actuación de recuperación patrimonial para a posta en marcha dunha aula da natureza no Concello de Begonte e o proxecto de Rehabilitación da antiga escola de Outeiro-Pedrafita para equipamento municipal comunitario destinado a telecentro para a modernización, dixitalización e fomento do emprendemento no medio rural (Guitiriz).
Ademais sumaron á lista o proxecto de limpeza, excavación arqueolóxica en área e consolidación no xacemento arqueolóxico Castro de Saa-Pastoriza e o plan de mellora da contorna da praia fluvial de Cabreiros, este último
aprobado en reserva.
Dentro do proxecto de cooperación do GDR, a Rede de Ecocomedores, na que participan os colexios Virxe do Corpiño de Begonte e o plurilingüe de Riotorto, terá lugar nos próximos días unhas xornadas de menús elaborados con produtos ecolóxicos, de tempada e cercanías.