O GDR Terras de Miranda conclúe o seu proxecto de impulso ao Camiño de Santiago
O GDR-1 Terras de Miranda presentou os resultados finais do proxecto Impulso e promoción de experiencias á beira do Camiño de Santiago no territorio comprendido polo GDR Terras de Miranda, proxecto subvencionado dentro do programa O Teu Xacobeo.
Dentro desta xornada realizouse tamén unha conferencia impartida por Juan Ramón Fernández Pacios co título A Mariña no Camiño Norte para poñer punto e final a este proxecto.
O obxectivo do mesmo era a posta en valor das experiencias e singularidades do ámbito xeográfico de Terras de Miranda en relación ao Camiño de Santiago Norte mediante a creación de actividades de dinamización e a posta en marcha de accións de comunicación para a súa promoción e difusión.
ACTIVIDADES
Durante o desenvolvemento do mesmo realizáronse catro actividades:
- Saborea a Mariña-IXP Faba de Lourenzá, coa posta en valor da riqueza gastronómica da Mariña que terá como eixo vertebrador a IXP Faba de Lourenzá. A actividade baseouse nunha visita organizada ao Centro de Interpretación da Faba, á Cooperativa Terras da Mariña, unha degustación de produto local no Pazo de Tovar a cargo do Forno de Tovar e unha mostra de música e baile galego a cargo da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez.
- Unha viaxe no tempo a través do Camiño do Norte, coa posta en valor do patrimonio cultural material e inmaterial relacionado co Camiño de Santiago. Esta actividade baseouse nunha visita guiada polo Casco Histórico de Mondoñedo e unha conferencia “O Camiño do Norte, tres décadas de percorrido” a cargo de D. Manuel Valín Valdés.
- Andaina polo Camiño do Norte, coa posta en valor do patrimonio natural, patrimonial e cultural dos territorios (Ribado, Trabada, Lourenzá e Barreiros). A actividade consisteu nunhas visitas guiadas polo Casco Histórico de Ribadeo, área recreativa de Ría de Abres, Alto da Cadeira, Mosteiro de San Salvador e Ponte de Arante. Realizando tamén unha visita guiada e degustación á Fábrica de Cervexa Artesá Augas Santas.
- Cultura entre as mans- Artesanía de Terras de Miranda, coa posta en valor do patrimonio artístico da Mariña a través dunha experiencia que fomenta o coñecemento das tradición e da artesanía local do territorio. A actividade consisteu nunha visita guiada polo Barrio dos Muiños en Mondoñedo pasando polo Taller artesán de Alfarería e por último unha visita ao Taller do Canteiro Fernando Vilariño- Punteiradas Viladepedra.
- Dentro do proxecto realizouse un dossier promocional de experiencias do Camiño Norte “Vive el Camino del Norte” e un audiovisual promocional do mesmo, onde se resalta a riqueza patrimonial, cultural, artística, natural e humana do mesmo.