O GDR4 investirá esta anualidade máis de 600.000 euros no rural
O Grupo de Desenvolvemento Rural Comarca de Lugo (GDR) cofinanciará 650.623,22 euros no territorio do GDR4 (Concellos de Friol, Ou corgo, Castroverde, Guntín, Outeiro de Rei, Rábade e Lugo zona rural), con cargo aos fondos europeos dos programas Leader e Feader, dentro do PDR 2014-2020.
A Xunta Directiva da ADR Comarca de Lugo deu luz verde xa ás actuacións promovidas tanto polas entidades públicas como privadas. As axudas, para as anualidades 2018-2019, ascenden á cantidade de 650. 623,22 euros, dos que 56.662 corresponden a proxectos non produtivos de entidades privadas e 235.697,24 a proxectos non produtivos de entidades públicas locais, asignándose o resto para proxectos produtivos, de conformidade co plan financeiro aprobado pola AGADER para esta anualidad.
Todas as actuacións teñen como obxectivo executar proxectos que permitan fixar poboación no rural e impulsar a economía neste ámbito.
A convocatoria deste ano financiará proxectos de índole diversa resultando seleccionados proxectos para a execución de locais para asociacións, puntos de atención á infancia, pistas cubertas de padel, modernización de equipamiento público local, e melloras en locais sociais, ademais dun tanatorio con crematorio, un establecemento para a venda polo miúdo de produtos fitosanitarios, zoosanitarios e sementes e unha ecotienda.
Os investimentos dos promotores desde o inicio do Programa Leader, no GDR4, ascenden á cantidade de 3.004.506,72 euros e concretamente para esta anualidad o importe cífrase en 1.338.594,80 euros.
O Programa Leader 2014-2020, xestionado pola ADR Comarca de Lugo, cubrirá dependendo da tipoloxía do proxecto, entre o 50% e o 90% do custo dos traballos.
Así foi acordado pola Xunta Directiva da ADR Comarca de Lugo, na súa última reunión, ao resolver os concursos de proxectos presentados ata 31 de marzo de 2018.
O acordo foi anunciado polo seu presidente, o alcalde de Friol, José Ángel Santos Sánchez, quen puxo de manifesto que "este grupo de desenvolvemento local, malia a súa curta andadura, está realizando un gran labor en todo o territorio do GDR, executando ata o momento o 100% do orzamento asignado" e destacou tamén "que tendo en conta os investimentos totais que se van realizar no territorio, o Plan Leader é un instrumento non só necesario senón esencial para a dinamización do ámbito rural e do asentamiento e fixación da poboación". Considera ademais que "con estas axudas estase potenciando o neoruralismo e así se ve reflectido nalgún dos proxectos aprobados nesta convocatoria, que son un claro exponente do retorno de xente nova afincada no estranxeiro ao noso rural galego".