O GDR4 investirá más de 630.000 euros en proxectos do rural

TerraChaXa | LugoXa
O Grupo de Desenvolvemento Rural Comarca de Lugo investirá 635.
IMG_0313
22 Xan 2019

O Grupo de Desenvolvemento Rural Comarca de Lugo investirá 635.236,32 euros no territorio do GDR4 (que abrangue os concellos de Friol, O Corgo, Castroverde, Guntín, Outeiro de Rei, Rábade, e Lugo-Zona rural), con cargo aos fondos europeos dos programas Leader e Feader, dentro do PDR 2014-2020,.

A Xunta Directiva da ADR Comarca de Lugo procedeu a aprobar a distribución de fondos para o presente ano por tipoloxías de proxectos, para así repartir no territorio rural 635. 236,32 euros, tanto en actuacións promovidas polas entidades públicas como privadas e a súa dinamización territorial.

Do mesmo xeito que en convocatorias anteriores o Programa Leader 2014-2020, xestionado pola ADR Comarca de Lugo, cubrirá dependendo da tipoloxía do proxecto, entre o 50% e o 90% do custo dos proxectos.

O GDR Comarca de Lugo, na súa curta andaina tramitou un total de 71 expedientes, que de ser executados supoñerán un investimento mobilizado de 5.627.224,90 euros no territorio, todo iso tendo en conta o investimento dos promotores nas iniciativas presentadas.

A Xunta Directiva do GDR Comarca de Lugo, sinala que na última convocatoria cubríronse a totalidade de fondos destinados á posta en marcha de proxectos, o que implica unha execución do 100% dos fondos adxudicados, polo que o seu presidente, o alcalde de Friol, José Anxo Santos, afirma que "o grupo de desenvolvemento rural GDR4 dispón ata 2020 dun plan de financiamento de axudas para todos os sectores e que tendo en conta o nivel de ejecución do 100% do orzamento asignado dentro da medida LEADER 2014-2020, espero que os fondos non comprometidos noutros grupos de desenvolvemento sexan redistribuidos canto antes para así poder ampliar o noso orzamento e seguir axudando ao tecido empresarial do medio rural, dado que o número de proxectos presentados e en lista de espera nestes momentos é de 24, e xa se están presentando proxectos para concorrer na presente convocatoria, polo que animo a todos os interesados a que elaboren as súas propostas canto antes ou que se dirixan á sé do GDR para coñecer con detalle os requisitos destas axudas LEADER, pois son dun calado moi importante para amparar iniciativas de desenvolvemento en diversos sectores e así contribuír á xeración de postos de traballo e á fijación de poboación no rural tan importante nestes momentos".

Ademais o Presidente, afirma sentirse orgulloso de "que habendo adquirido o compromiso e reto de representar a este novo grupo de desenvolvemento rural na Comarca de Lugo, apoiado en todo momento pola Xunta Directiva, estea dando tan bos resultados e que dunha vez por todas, neste periodo se dé visibilidade ao traballo realizado cos fondos LEADER no medio rural, sendo estes comprometidos e adxudicados con total transparencia e reiterando o agradecemento ao compromiso e apoio da Xunta Directiva para levar a cabo este proxecto".

0.17991304397583