O GES de Friol realizou casi 800 intervencións desde que se puxo en marcha

TerraChaXa | LugoXa
O Grupo de Emerxencias Supramunicipal con sede neste Concello fai balance das 525 actuacións que realizou durante todo o ano 2023.
ges bombeiros friol incendio
11 Xan 2024

O Grupo de Emerxencias Supramunicipal con sede neste Concello fai balance das 525 actuacións que realizou durante todo o ano 2023.

Friol é o Concello sede de operacións do GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal) de Friol-Palas. Esta sede está situada no polígono industrial friolés, nunha das naves do edificio multiusos de propiedade municipal. Este grupo, que está formado por 11 profesionais, dá cobertura a este municipio e aos de Begonte, Guitiriz, Palas de Rei e Outeiro de Rei.

Este GES empezou a funcionar no verán do ano 2022 e está supervisado e organizado no seu día a día polo concelleiro de Friol Enrique Barreiro.

Este é un servizo moi importante para os concellos que forman parte del e por iso conta cun financiamento por parte da Xunta de Galicia de case 300.000 euros anuais.

Os profesionais que conforman este grupo de emerxencias tiveron que realizar arredor de 800 intervencións en todos os concellos que forman parte del desde que se puxo en marcha, e durante o acabado de rematar ano 2023 actuaron nun total de 525 casos.

Na diferenciación por concellos, cabe salientar que no de Friol realizaron un total de 149 intervencións, distribuídas do seguinte xeito: oito saídas para intervir en accidentes, cincuenta e tres saídas relacionadas con fenómenos meteorolóxicos, vinte e oito intervencións relacionadas coa fauna, corenta saídas por culpa das velutinas, oito incendios, unha saída realizada polo grupo para seguir coa busca de Jose Luis, e tamén once saídas de outros tipos.

En Palas de Rei tiveron que intervir en 53 ocasións, e foron saídas relacionadas con accidentes, fenómenos meteorolóxicos, fauna, velutinas, incendios, verteduras, persoas desaparecidas e outros.

No Concello de Guitiriz realizaron un total de 87 intervencións, entre actuacións relacionadas con accidentes, fenómenos meteorolóxicos, fauna, velutinas, incendios, verteduras e outros.

Máis intervencións realizaron en Outeiro de Rei, con un total de 107 saídas, en actuacións que tiveron que ver con accidentes, fenómenos meteorolóxicos, fauna, persoas desaparecidas, velutinas, incendios e outros.

Algo mais actuaron no concello de Begonte, no que realizaron un total de 118 intervencións, entre actuacións relacionadas con accidentes, fenómenos meteorolóxicos, fauna, velutinas, incendios e outros.

Os tipos de actuacións nos que máis tiveron que intervir durante o pasado 2023 foron as relacionadas con fenómenos meteorolóxicas e con velutinas.

Para levar a cabo todas estas actuacións, case 525 en total, o GES conta con unha carroceta urbana, equipos de eliminación de velutinas, equipos de excarcelación e outros equipos necesarios para realizar o seu traballo cada día, do mellor xeito posible.

O popular Jose Ángel Santos, alcalde de Friol, di que “este servizo é moi necesario para o noso concello e para todos os que estamos dentro do GES de Friol-Palas, xa que vimos en todo este tempo no que leva funcionando, que é un servizo que axuda a reducir moito os tempos de intervención en caso de emerxencias”, ademais quere agradecer “á Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, da Xunta de Galicia, que nos permitira poder contar coa sede de este servizo en Friol”. Todos os alcaldes e alcaldesas que forman parte de este grupo resaltan a importancia de manter en funcionamento este grupo de emerxencias no territorio, polo que se suman ao agradecemento.

0.21299004554749