O GES de Friol realizou máis de mil intervencións desde a súa posta en marcha

LugoXa | TerraChaXa
No concello que máis actuacións tiveron foi en Friol, na que interviron en 77 ocasións
ges-bombeiros-emerxencias-incendio
3 Jan 2025

O Concello de Friol é o encargado de albergar a sede de operacións do GES (Grupo de Emerxencias Supramunicipal) de Friol-Palas. Esta sede está situada no polígono empresarial friolés, en unha das naves do edificio multiusos de propiedade municipal. Este grupo, que está formado por 12 profesionais, da cobertura a este municipio e aos de Begonte, Guitiriz, Palas de Rei e Outeiro de Rei.

O GES empezou a dar servizo no verán do ano 2022, e dende o inicio, está supervisado e organizado no seu día a día polo concelleiro de Friol Enrique Barreiro.

A Xunta de Galicia financia este servizo con uns 300.000 euros anuais, sendo coñecedora da importancia que ten o GES para os concellos que forman parte del.

Desde que se puxo en marcha, os profesionais que conforman este grupo de emerxencias tiveron que realizar mais de 1.000 intervencións en todos os municipios do territorio de acción. Durante o rematado ano 2024 actuaron nun total de 251 casos, divididos en distintos tipos de intervencións e tamén entre todos os municipios que conforman este grupo.

Se diferenciamos por concellos, cabe salientar que no de Friol realizaron un total de 77 intervencións, no concello que mais actuacións tiveron, e que foron distribuídas do seguinte xeito: trece saídas para intervir en accidentes, trinta e catro saídas relacionadas con fenómenos meteorolóxicos, once intervencións relacionadas coa fauna, nove saídas por culpa das velutinas, catro incendios, dúas saídas relacionadas con verteduras, e tamén catro saídas de outros tipos.

No concello no que menos intervencións tivo que facer este grupo de emerxencias foi no de Palas. Tiveron que realizar tan só 13 intervencións, que foron relacionadas con un accidente, fenómenos meteorolóxicos, fauna, incendios, e outros motivos.

O segundo concello con menos intervencións realizadas por parte do grupo foi o de Guitiriz. En este realizaron un total de 34 intervencións, relacionadas con accidentes, con fenómenos meteorolóxicos, coa fauna, coas velutinas, con incendios, con unha vertedura e con outros motivos.

No Concello de Outeiro de Rei realizaron un total de 45 intervencións, entre actuacións relacionadas con accidentes, fenómenos meteorolóxicos, fauna, velutinas, incendios, verteduras e outros.

Algo máis actuaron no concello de Begonte, no que realizaron un total de 54 intervencións, entre actuacións relacionadas con accidentes, fenómenos meteorolóxicos, fauna, velutinas, verteduras e outros.

En outros concellos que aínda que non forman parte do territorio de acción, si tiveron que actuar e tamén tiveron algunhas intervencións, 28 en total, entre as que tiñan que ver con accidentes, fenómenos meteorolóxicos, velutinas, incendios e outras.

Os tipos de actuacións nos que máis tiveron que intervir durante o pasado 2024 foron as relacionadas con fenómenos meteorolóxicos e con accidentes.

Para levar a cabo todas estas actuacións, 251 en total, o GES conta con diversos vehículos, con unha motobomba urbana, vehículo motobomba forestal, un vehículo de emerxencias, un vehículo de transporte, equipos de eliminación de velutinas, equipos de excarcelación e outros equipos necesarios para realizar o seu traballo cada día, do mellor xeito posible.

O alcalde de Friol, Jose Ángel Santos, indica que “este grupo da un servizo moi importante e necesario e que se converteu en básico para todos os municipios que estamos dentro de este GES Friol-Palas, o que fai que os tempos de intervención en caso de emerxencias se vexan reducidos considerablemente”, ademais resalta que “quero agradecer a implicación de todos os traballadores, así como a súa profesionalidade que veñen de demostrar no día a día, grazas a elo somos un grupo que cumpre perfectamente co seu cometido e que destaca ante calquera tipo de emerxencia, tamén agradecer o apoio da Xunta de Galicia, que nos permitira poder contar coa sede de este servizo en Friol, e polo financiamento anual tan importante que recibe este GES”. Todos os alcaldes e alcaldesas que forman parte de este grupo resaltan a importancia de manter en funcionamento este grupo de emerxencias no territorio, polo que se suman ao agradecemento.

0.1743049621582