O GES de Friol recibe un novo vehículo valorado en 150.000 euros

TerraChaXa | LugoXa
A Axencia Galega de Emerxencias fixo entrega dun novo vehículo ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal de Friol valorado en 150.000€.
entrega vehiculo ges friol axega
24 Feb 2023

O GES de Friol conta desde este xoves con un novo vehículo, valorado en 150.000 euros, co que poderá facer un mellor e mais rápido traballo en caso de ser necesario intervir en calquera dos cinco concellos aos que dan cobertura os doce profesionais que nel traballan. Os municipios que cubre este grupo son os de Friol (onde está a sede), Begonte, Guitiriz, Palas de Rei e Outeiro de Rei.

Este xoves fíxose entrega de seis furgóns, por parte da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Emerxencias, aos grupos de emerxencias de Friol, Mugardos, Padrón, Ortigueira, A Gudiña e A Veiga. Por parte do Concello de Friol, a persoa encargada de recibir este vehículo, foi o coordinador do GES, e concelleiro de Friol, Enrique Barreiro.
Este Furgón de Servicios Varios de primeira saída con tracción 4x4, permitirá tanto o transporte de auga para extinción de pequenos incendios, como o transporte de material para servizos varios para intervención en zonas de difícil acceso debido a tipoloxía de firme, pendente ou estreiteza das vías de paso.

Ademais, este furgón, trae un equipamento auxiliar individual, moi útil para os traballos que realiza o persoal encargado de estes Grupos de Emerxencias. Entre outras cousas aportan un ventilador portátil con batería, unha serra sabre a batería, un trade combinado a batería, dúas lanzas profesionais tipo pistola, dous batelumes extensibles, un facho de goteo, lanternas, focos, cámara térmica, mochilas extintoras, escaleira extensible, bomba eléctrica somerxible, equipo de bomba de alta presión, kit de material diverso específico de rescate en altura.

Todo este material será moi útil para que as intervencións que teñen que facer estes profesionais sexa o mais rápida, boa e segura, para todas as persoas implicadas.

Dende Friol, onde está a sede do GES, o seu alcalde Jose Á. Santos resalta que “este novo Furgón de Servicios Varios que nos facilita a Xunta de Galicia, xunto con todo o material que trae a maiores, será moi importante cando o noso grupo teña que intervir en determinadas situacións, que agora serán moito mais áxiles, cómodas e seguras, polo que quero agradecer unha vez mais a implicación do Goberno Autonómico con Friol”.

entrega vehiculo ges friol axega interior
0.1483519077301