O Goberno aboará hoxe a prestación extraordinaria a máis de 10.000 autónomos da provincia

TerraChaXa
A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríquez, recibiu a unha representación da Asociación de Empresarios de Hostalería de Lugo encabezada polo seu presidente, Cheché Real, cos que tratou dos problemas que lle plantexa ao sector a crise sanitaria do COVID-19.
kettle 1909981_1920 e1590735271448
29 Maio 2020

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríquez, recibiu a unha representación da Asociación de Empresarios de Hostalería de Lugo encabezada polo seu presidente, Cheché Real, cos que tratou dos problemas que lle plantexa ao sector a crise sanitaria do COVID-19.

A subdelegada explicoulles que comprende a preocupación desde sector, de gran importancia para o emprego e a economía da provincia de Lugo, polos efectos da pandemia. Neste sentido, Isabel Rodríguez lembrou o compromiso decidido do Goberno, que desde o primeiro momento saiu en apoio tanto dos traballadores como de todos os autónomos e pequenos empresarios que se viron afectados pola grave crise sanitaria..

Isabel Rodríguez remarcou que desde que se decretou o estado de alarma o Goberno estableceu un importante paquete de medidas económicas, entre as que se inclúen as axudas extraordinarias aos autónomos afectados polo peche de actividade.

De feito, a subdelegada anunciou que hoxe mesmo o Goberno ten previsto aboar esta prestación extraordinaria a 10.069 autónomos da provincia de Lugo. Esta medida implica unha prestación equivalente ao 70% da base reguladora e a exención temporal da cota da Seguridade Social.

O Goberno leva destinado 2.500 millóns de euros a sufragar a prestación extraordinaria desde que se puxo en marcha esta medida, á que se acollen tanto autónomos que se viron obrigados a pechar a súa actividade debido ao estado de alarma sanitaria como aqueles que sufriron unha merma do 75% na facturación do mes natural anterior á fecha de solicitude.

Os principais beneficiarios desta prestación son os sectores da hostalería, o comercio e a construcción. O seu obxectivo é protexer a falta ou merma considerable de ingresos motivada pola situación excepcional provocada polo COVID-19 e axudar á supervivencia destes negocios.

0.085345983505249