O Goberno anuncia que o estado de alarma prorrogarase 15 días máis

TerraChaXa
O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou hoxe domingo 22 de marzo aos presidentes autonómicos por videoconferencia que o estado de alarma prorrogarase 15 días.
21032020_IntervPresi4 e1584872042807
22 Mar 2020

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou hoxe domingo 22 de marzo aos presidentes autonómicos por videoconferencia que o estado de alarma prorrogarase 15 días.

Con esta medida, a sociedade española pasará confinada toda a Semana Santa ata o vindeiro domingo 12 de abril.

Esta prórroga terá que contar coa autorización do Congreso de Deputados, convocado para o vindeiro mércores, xa que legalmente, os quince días do estado de alarma cúmprense o domingo 29 e só pode prorrogarse por acordo da Cámara Baixa.

Á reunión telemática, que comezou ás 10 da mañá, asisten tamén, segundo informou Moncloa, os ministros que compoñen o mando directo tras a declaración do estado de alarma fai oito días: o titular de Sanidade, Salvador Illa; a de Defensa, Margarita Robles; o de Interior, Fernando Grande- Marlaska; e o de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana, José Luis Ábalos.

Sánchez compareceu o sábado pola noite e deixou claro que "o peor está por chegar" e que a vindeira semana é clave debido a que aumentarán os casos de infectados así como de falecementos, que actualmente superan os 25.000 no caso de contaxiados detectados polos servizos sanitarios e do milleiro as mortes por Covid-19 en España.

0.20423316955566