O Goberno asegura que non se reducirán os graos no campus de Lugo e o PSOE volve negalo

TerraChaXa | AMariñaXa | LugoXa
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, censurou a actitude do Goberno local e do PSOE por persistir na estratexia de sementar dúbidas e incerteza sobre o futuro do campus lucense.
15 Feb 2019

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, censurou a actitude do Goberno local e do PSOE por persistir na estratexia de sementar dúbidas e incerteza sobre o futuro do campus lucense.
Balseiro lembra que tanto a Xunta de Galicia como a propia Universidade “desmentiron con rotundidade” que estivera en estudo unha redución dos grados que se imparten no campus lucense.
“Desmentido que puidemos coñecer onte mesmo, en palabras do propio reitor da USC, Antonio López, a preguntas dos xornalistas, e diante da alcaldesa, Lara Méndez e do presidente da Deputación, Darío Campos, que tamén as escoitaron”
Balseiro insiste en que a Xunta non diminuíu, nin vai a diminuír o número de graos universitarios que se imparten nos campus de Lugo. E aclara que, o único que está en estudo “é unha revisión da oferta de títulos” para que o Campus Terra “gañe en atractivo e en excelencia”-dixo o delegado- explicou ademais que calquera decisión que se adopte será de común acordo coa USC e de cara a vindeiros cursos.
O delegado pediu ao PSOE que cese no empeño de xerar alarma nun asunto tan serio, “porque esta actitude é pouco o nada responsable e moi contraproducente” e, nese senso, advertiu do fraco favor que están a facer os socialistas á universidade en Lugo “si con estas informacións acaban desmotivando a estudantes que teñan interese en estudar no noso campus”.
PSOE
Despois de “non desmentir taxantemente” a intención manifestada pola Xunta de Galicia de suprimir do Campus de Lugo Enxeñería Química e Enxeñería Civil e de compartir Enxeñería Agrónoma con Ourense e Enxeñería Forestal con Pontevedra, valorando clases telemáticas nestes graos, como na UNED; o Partido Socialista na Provincia de Lugo advirte e toma medidas. Pois o único que transcendeu ata o momento é que están a facer unha reestruturación “con nocturnidade, aleivosía e sen participación da comunidade educativa, de Deputación e Concello de Lugo, que invisten cuantiosos fondos públicos de todos os lucenses na posta en valor da universidade (10 millóns entre as dúas institucións nos últimos 3 anos); así como que non se van a reducir o número de titulacións. Non aclararon en que consiste esta reestruturación nin en que situación van a quedar os graos.
O Secretario Provincial, Álvaro Santos Ramos, e a Presidenta do partido e Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez López, xunto ao Secretario de Educación, Miguel Vilar Rivas, abordaron este asunto que “está a preocupar moito aos docentes e aos alumnado” e informaron sobre as medidas que tomarán en defensa do Campus Terra e dos intereses dos lucenses.
Santos e Méndez advertiron que “dende a Deputación e o Concello de Lugo, polo tanto dende o PSOE que gobernamos nestas institucións, non imos a quedar impasibles e ser espectadores de cambios nun dos piares no que se sostén o desenvolvemento da provincia. Só nestes últimos 3 anos, levamos feito un esforzo inversor de 10 millóns de euros de fondos públicos de todos os nosos veciños na Deputación e no Concello para o impulso do Campus Terra. Polo tanto, estamos nunha posición moi razoable para esixir que os lucenses teñamos información e formemos parte na toma de decisións. Debemos coñecer en que consiste esa reestruturación. Deputación e Concello de Lugo deben formar parte das comisión de seguimento para dar voz aos nosos veciños. Non imos a aportar nin 1 euro para un recorte no Campus de Lugo.
O Secretario Provincial remarcou que “non hai un só criterio económico nin educativo para eliminar estas titulacións. Isto non suporía ningún aforro porque o persoal que as imparte é fixo e seguirán no Campus. Levan acadado máis de 40 millóns de euros de fondos europeos en I+D+I a través de convocatorias de concorrencia competitiva que abalan o seu traballo. Enxeñería Forestal e do Medio Ambiente e Enxeñería Agrícola e Agroalimentaria están recoñecidas a nivel mundial (QS World University Ranking by Subjet e U-Ranking).
Santos salientou que “a supresión destes graos é unha ameaza para todos os nosos veciños que queren estudar e teñen Lugo como primeira opción ou para as empresas que queren seguir investindo máis en investigación”. Méndez apuntou que “o Campus permitiu a moita xente ter unha formación universitaria e recibir unha educación pública de calidade sen ter que desprazarse da súa provincia. O Campus é vital para o desenvolvemento e crecemento do noso Concello”. Só os seus case 5.000 alumnos xeran beneficios mensuais de 3 millóns.
Vixente a readaptación 2017-2020 coa que suprimiron 4 graos
O Secretario Xeral salientou que “o PP na Xunta fala dunha reestruturación como no 2017 dicía que estaban a facer unha readaptación que segue vixente, pois o seu período é 2017-2021. Falaban dunha simple readaptación e o que fixeron foi mutilar o Campus de Lugo, suprimindo 4 titulacións en base ao número de matriculados. Non nos fiamos da reestruturación na que traballan con este escurantismo”. Neste senso, a Alcaldesa subliñou que “a credibilidade da Xunta é inexistente. Temos moitos outros indicios, como os terreos do barrio da residencia ou a Rolda Leste, para sospeitar que nos minten. Queremos claridade por parte da Xunta de Galicia, pois o Campus de Lugo xa sufriu recortes por parte deste goberno galego do PP”.
Os gobernos socialistas na Deputación e no Concello de Lugo presentarán aos seus respectivos Plenos unha moción cos seguintes acordos:
1.- Rexeitar a supresión e modificación nos termos que transcenderon das titulacións sinaladas.
2.- Convidar á Xunta de Galicia a seguir investindo na especialización do Campus Terra e a incrementar o número de titulacións vencelladas a esta temática. Para o que, de ser así, a USC seguirá contando coa colaboración de Deputación e Concello de Lugo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16376614570618