O Goberno da Deputación mellorou 18 traídas de auga, 19 accesos e 18 locais sociais no rural lugués con 700.000 euros

TerraChaXa
O deputado de Cooperación cos Concellos, Argelio Fernández Queipo, avanzou este venres que o Goberno da Deputación leva executado 55 obras de mellora de traídas de auga, de accesos viarios e locais sociais de zonas rurais de toda a provincia cun investimento de 700.
Darío Campos na súa visita a Órrea
24 Nov 2017

O deputado de Cooperación cos Concellos, Argelio Fernández Queipo, avanzou este venres que o Goberno da Deputación leva executado 55 obras de mellora de traídas de auga, de accesos viarios e locais sociais de zonas rurais de toda a provincia cun investimento de 700.000 euros. “Estas non son as únicas obras desta índole, pois financiamos un total de 126 actuacións con 1,5 millóns de euros. Facémolo na nosa aposta por unha Deputación co rural. Con estes traballos dotamos aos veciños de servizos fundamentais para vivir no medio rural e do rural, contribuíndo á mellora da súa calidade de vida e favorecendo a actividade agrogandeira”.

Das 55 obras executadas, 18 consistiron na mellora ou dotación de novas traídas de auga en núcleos rurais onde os veciños non tiñan esta prestación ou era insuficiente debido á carga gandeira da zona. O Goberno da Deputación financiou as mesmas con preto de 300.000 euros. Leváronse a cabo en núcleos rurais, cuxa principal actividade é a agrogandeira, de Samos, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Cervantes, Ribeira de Piquín, Cervantes, Becerreá, Bóveda, Lugo, Taboada, A Pontenova ou Quiroga.

Outras 19 obras consistiron na mellora de accesos públicos a vivendas, explotacións gandeiras, montes comunais ou fincas. O Goberno da Deputación investiu nestes traballos preto de 215.000 euros. Con estas obras tamén se busca favorecer a vida no rural e a actividade agrogandeiras. Executáronse en núcleos rurais de Abadín, Quiroga, Sober, Xermade, Castroverde, Mondoñedo, Monterroso, O Incio, Paradela, Navia de Suarna, Baralla ou Triacastela.

As restantes 18 obras consistiron na mellora ou dotación de equipamento de centros sociais tamén de pequenas localidades onde os veciños levan a cabo unha gran actividade de dinamización social do rural. O Goberno da Deputación investiu nestes traballos máis de 180.0000 euros. Executáronse en núcleos rurais de Chantada, Pantón, Alfoz, Castro de Rei, Vilalba, Baralla, O Corgo, Sarria, Riotorto, Quiroga, Taboada, Xermade, Mondoñedo ou Palas de Rei.

Necesidade destas actuacións
O Deputado de Cooperación cos Concellos destacou que “levamos investido 1,5 millóns de euros en 126 obras de mellora de traídas de auga, accesos viarios e centros sociais de núcleos rurais de toda a provincia. A Xunta anunciou que vai a achegar 1 millón de euros no 2017 e 2018 para toda Galicia, que non é suficiente, cando é, ademais, a administración galega coas competencias directas na materia. Dende o Goberno da Deputación queremos achegar novos fondos no Orzamento de 2018 para estes traballos, pois son necesarios para vivir no rural e do rural e os propios veciños os demandan”.

0.19306206703186