O Goberno da Deputación promove a visibilidade do Alzheimer tinguindo de morado a fachada de San Marcos
O Goberno da Deputación tingue este xoves de morado a fachada do Pazo de San Marcos para promover a visibilidade do Alzheimer. Deste xeito, o Executivo Provincial súmase aos actos con motivo do Día Mundial do Alzheimer, que se celebra o 21 de setembro.
A fachada do Pazo de San Marcos iluminarase de cor morada, simbolizando a sensibilidade da institución provincial coas persoas e as familias afectadas por esta doenza. O Executivo Provincial colabora ao longo do ano coas AFALU, AFA Chantada, AFA Monforte e AFA Viveiro, que son todos os colectivos de atención a persoas con Alhzeimer que hai na provincia luguesa, con investimentos directos de 59.000 euros.
Ademais, o organismo provincial tamén organiza talleres de memoria e financia integramente a Teleasistencia Domiciliaria e o Servizo de Axuda no Fogar para persoas non dependentes, o que impulsa o benestar dos maiores da provincia de Lugo.