O Goberno da Deputación renova a colaboración con ACRUGA que supuxo beneficios de 2,3 millóns

TerraChaXa
O Presidente, Darío Campos Conde, e o Presidente da Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Rubia Raza Gallega (ACRUGA), Cesar Dorado Pin, asinaron o convenio mediante o cal o Goberno da Deputación renova a súa colaboración con este colectivo.
A sinatura do convenio entre a Deputación e ACRUGA servía para visitar a exposición fotográfica 'Bestiarium'.
26 Out 2017

O Presidente, Darío Campos Conde, e o Presidente da Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Rubia Raza Gallega (ACRUGA), Cesar Dorado Pin, asinaron o convenio mediante o cal o Goberno da Deputación renova a súa colaboración con este colectivo. Faino concedéndolle unha nova axuda de 172.000 euros para continuar ata finais deste ano coa recría de exemplares na Granxa Gayoso Castro, mellorándoos xeneticamente para a súa comercialización e promoción.

Campos Conde detallou as vantaxes que supón esta colaboración, apuntando que dende a súa posta en marcha xerou beneficios de 2,3 millóns de euros e un aforro doutros 2,2 millóns para os produtores de Rubia Gallega da provincia lucense.

- AFORRO: A recría dun só exemplar durante os 18 meses deste proceso supón un custo medio de 1.650 euros. Na Granxa Gayoso Castro recriáronse preto de 1.500 novillas, derivando nun aforro de 2,3 millóns de euros para os produtores lucenses.

- BENEFICIOS: Das cabezas recriadas nas instalacións provinciais, 500 leváronse a poxas, acadando un prezo medio por unidade de 2.000 euros. Outras 800 novillas vendéronse directamente a un prezo medio moi competitivo duns 1.600 euros. Isto supuxo ata o momento beneficios de 2,2 millóns de euros, ademais de contribuír á promoción e expansión dos exemplares de Rubia Gallega dos produtores lucenses, pois estes foron adquiridos por profesionais de toda a Comunidade galega e diferentes puntos de España. Na actualidade, na Granxa Gayoso Castro estanse a recríar preto de 200 exemplares. Esta mesma fin de semana, 9 cabezas participarán na poxa de Adai.

“Hoxe renovamos a nosa colaboración con ACRUGA para continuar con este traballo de impulso aos produtores de Raza Rubia Gallega da provincia dentro da nosa aposta por unha Deputación co rural. E facémolo porque Lugo é a provincia galega que conta cun maior número de explotacións desta Raza, cunhas 1.400 explotacións, que representan o 77% do total de Galicia. Na nosa provincia contamos con máis de 30.000 cabezas de Rubia Galega, que representan o 76% do total da Comunidade Galega. Con estes datos oficiais e tendo en conta os resultados acadados, creo que é vital continuar con este traballo de impulso e defensa do sector”, subliñou Campos.

O Presidente de ACRUGA agradeceu a colaboración da Deputación “que fomenta a expansión da Raza Rubia Gallega, evitando a introdución de razas foráneas, e potencia o sector e o rural, ademais de contribuír á fixación de poboación”.

Tamén formación
A colaboración da Deputación con ACRUGA tamén inclúe formación a gandeiros e outros profesionais deste sector. Por exemplo, 90 persoas participaron nos cursos para ser xuíces en certames de gando de Rubia Galega a nivel nacional nas modalidades de amateur, auxiliar e principal, outras nos de inseminación artificial....

0.19995403289795