O Goberno da Pontenova aproba unha liña de axudas para empresas e autónomos

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde avanzou que o equipo de Goberno aprobará na sesión plenaria unha liña de axudas dirixidas a PEMES e autónomos da vila para contribuír ao financiamento de gastos correntes que seguen a afrontar os empresarios trala crise do COVID, e que conta cun orzamento de 25.
iglesias campos riotorto
29 Maio 2020

O alcalde da Pontenova, Darío Campos Conde avanzou que o equipo de Goberno aprobará na sesión plenaria unha liña de axudas dirixidas a PEMES e autónomos da vila para contribuír ao financiamento de gastos correntes que seguen a afrontar os empresarios trala crise do COVID, e que conta cun orzamento de 25.000 euros.

O rexedor dixo “que mentres outras administracións, como a Xunta, seguen de brazos cruzados diante desta situación, os Concellos somos os que temos que tirar do carro e tentar contribuír a reactivar a economía local e o emprego nas nosas vilas. Non é o momento de discutir, todos temos que arrimar o ombreiro. Ninguén pode quedar atrás”, dixo.

Campos Conde argumentou que “dende o Equipo de Goberno presentamos esta proposta, tralo peche das actividades de comercialización e distribución que deu lugar a unha caída da actividade económica sen precedentes por mor da pandemia que estamos a sufrir. Froito de esta situación, numerosas PEMES e empresarios autónomos se ven nunha situación de peche total da actividade, ao tempo que seguen a xerar gastos, tales coma amortización de créditos, subministros básicos (tarifas mínimas de auga, luz, telecomunicacións, lixo, saneamento... etc), seguros sociais e obrigas tributarias”.

Nesa liña sinala que “coa finalidade de contribuír a paliar esta situación, este Concello considera oportuno, dentro das súas limitadas posibilidades orzamentarias e competenciais, que se poña en marcha unha liña de axudas ás PEMES e autónomos ubicadas da Pontenova, que, coma consecuencia da alerta sanitaria, se viran na obriga de pechar a súa actividade un mínimo de quince días naturais consecutivo”.

700 euros por negocio

Remarca que coa finalidade de establecer un criterio de asignación áxil e reducir as cargas administrativas, tanto aos solicitantes coma a propia Administración, “o importe da subvención virá determinado por unha cantidade fixa de 700 € por negocio; desagregándose do seguinte xeito 600 € para compensar os gastos ocasionados polo peche da actividade e 100 € para compensar as cotas liquidables aos solicitantes dos consumos mínimos trimestrais do servizo municipal de auga, lixo e alcantarillado”.

15 días para presentar as solicitudes

As solicitudes xunto coa documentación presentada serán revisadas polos servizos sociais do Concello da Pontenova que formularán proposta. O prazo de presentación de solicitudes será de 15 días e comezará a partires do día seguinte á publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

0.12997794151306