O Goberno do Valadouro axudará ás familias e as empresas locais co fin de paliar a crise

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello do Valadouro celebrará o próximo xoves 7 de maio, ás oito e media da tarde, o pleno ordinario de forma telemática co apoio técnico da Deputación de Lugo.
5 Maio 2020

O Concello do Valadouro celebrará o próximo xoves 7 de maio, ás oito e media da tarde, o pleno ordinario de forma telemática co apoio técnico da Deputación de Lugo. Nesta reunión o goberno municipal someterá a votación o “Programa Activa Valadouro”, que conta cun orzamento de 118.000 euros. Así o avanzou o Alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda que remarcou que este plan “ten como obxecto paliar e actuar de maneira inmediata, ante as consecuencias derivadas da crise económica provocada polo COVID-19, e impulsar a actividade económica, outorgando liquidez ás empresas do municipio do Valadouro”. 

Dúas liñas de actuación 

Maseda explicou que o “Programa Activa Valadouro conta con dúas liñas de actuación que perseguen contribuír a rescatar ás familias que o necesiten, así como activar o tecido empresarial e os autónomos da vila. Por unha banda, unha 1a liña está destinada a empresas e autónomos que viron afectada a súa actividade económica a raíz do decreto de Estado de Alarma, ou que sufriron perdidas do 75% na súa facturación respecto o mes de febreiro. E outra 2a liña de axudas para persoas empadroadas no Valadouro, que se viron afectadas por ERTES ou obrigadas a solicitar un permiso non retribuído para o coidado de fillos menores de 13 anos, tras verse afectados polo peche dos centros educativos e dos servizos que o propio Concello tiña activos para facilitar a conciliación familiar”, sinalou. 

Nesa liña lembrou que o proxecto Activa Valadouro “conta cun presuposto inicial de 48.000 euros, que se poderán ampliar ata dar cobertura, si houbera un incremento de solicitudes”. Maseda avanzou ademais que “o goberno municipal tamén sometera a votación do pleno as bases extraordinarias que regularán a concesión de subvencións a Asociacións de Veciños para inversións destinadas á loita contra as consecuencias do COVID-19 na anualidade 2020, que conta cunha partida de 70.000 euros”. 

Subvencións a Asociacións de Veciños 

O Alcalde explicou que “as distintas asociacións da vila poderán adicar os importes concedidos polo Concello a potenciar o sector forestal, vital na nosa vila, xa que nas anteriores crises a madeira foi a táboa de salvación de moitas familias do Valadouro, por iso agora necesitamos ter liquidez e solvencia económica antes posibles incrementos nas sacas de madeira”. 

Con esta dotación económica poderán realizar arranxo de pistas ou camiños, a compra ou aluguer de terreos para o acopio de madeira, xa que o que pretende esta iniciativa é apoiar actividades de alto valor engadido no municipio, así como a reactivación da economía local despois das consecuencias do COVID. 

O Concello ao carón de todos 

“Son un total de 118.000 euros que repercutiran directamente no tecido asociativo, nos empresarios, nos autónomos, no comercio local e por suposto, nas familias e nas veciñas e veciños do Valadouro. Porque non podemos nin debemos deixar a ninguén atrás, o Concello agora máis que nunca, sempre estará ao carón de todos”, resumiu Edmundo Maseda. 

Suplemento de Crédito 

Nesta mesma sesión plenaria, o goberno municipal someterá a votación un suplemento de crédito de 509.636,53 euros, dito suplemento posibilitará dotar presupostaríamente o programa Activa Valadouro e ás subvencións das Asociacións de Veciños. 

Do mesmo xeito incrementara partidas destinas o SAF (Servizo de Axuda no Fogar), a prevención e loita contra incendios forestais, a regulación dos gastos co consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, a posibles adaptacións nas dependencias municipais para a prevención contra o COVID-19, posibilita a creación de un fondo de continxencia ante posibles gastos producidos por baixas laborais do persoal municipal. 

Dito suplemento tamén é necesario para o pago de indemnizacións a empresas prestadoras de servizos do Concello de O Valadouro, que tras o peche de distintas actividades viron suspendidos os seus contratos, e según como recoñece a Lei o Concello dende o primeiro momento fíxose cargo das nóminas dos traballadores cumprimentando igualmente os salarios e as cotas a Seguridade Social. 

A sesión plenaria será publica como xa é habitual 

Como xa é habitual a sesión plenaria do Concello do Valadouro será publica, sendo retransmitida en directo pola canle de YouTube do Concello e polos Servizos Audiovisuais da Deputación.

0.18921995162964