O Goberno local de Guitiriz asegura que as actuacións realizánse a diario "con absoluto respecto á legalidade vixente"

En relación ás informacións publicadas este martes relativas ás novas acusacións do Partido Popular de Guitiriz, desde o Concello manifestaron, tal e como fixeron tamén na primeira ocasións que "todas as actuacións levadas a cabo polo goberno municipal realizáronse en todo momento con absoluto respecto á legalidade vixente, avaladas pola Secretaría e a Intervención municipal".
O Goberno local reitera que non ten constancia formal do contido concreto da denuncia á que se fai referencia, polo que dende o Concello "non consideramos oportuno realizar valoracións adicionais sobre cuestións que non foron trasladadas polos canles oficiais".