O Goberno ten listo o Plan de Viabilidade Invernal de estradas da provincia

TerraChaXa
23 Dec 2018

O Goberno ten a punto o Plan de Viabilidade Invernal que se aplicará na rede de estradas do Estado na provincia de Lugo en caso de nevaradas. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, explicou que os medios que están dispostos para actuar na nosa provincia inclúen 40 máquinas quitaneves, 9.300 toneladas de sal e 2.515.000 litros de salmuera.

O Plan Invernal abrangue, xunto coa rede de estradas do Estado na provincia de Lugo, a vertente leonesa do porto de Pedrafita. Por este motivo, o Protocolo do Plan Invernal, deseñado por Protección Civil, foi asinado tanto pola subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, como polo seu homólogo na provincia de León, Faustino Sánchez.

En total, son 825 kilómetros de quince estradas os que están incluídos no Protocolo. Trátase dos treitos potencialmente conflictivos das seguintes estradas: A-6 ( Autovía do Noroeste), A-8 (Autovía do Cantábrico), A-54 (Autovía Lugo-Santiago), LU-11 (Nadela-Tolda de Castela), LU-12 (Vilamoure-N-540 Esperante), N-VI (Madrid-A Coruña), N-VIa (Madrid-A Coruña antigua), N-120 (Logroño-Vigo), N-120ª (Logroño-Vigo antigua), N-540 (Lugo-Ourense), N-540a (Lugo-Ourense antigua), N-547 (Lugo-Santiago de Compostela), N-634 (San Sebastián-Santiago de Compostela), N-640 (Vegadeo-porto de Vilagarcía de Arousa) e N-642 (acceso ao porto de San Cibrao).

0.17358899116516