O Goberno vilalbés leva a Pleno a instalación de luminarias en Santaballa e Rioaveso

TerraChaXa
O grupo de goberno de Vilalba leva ao pleno un proxecto que permitirá a renovación con tecnoloxía LED do alumeado de Santaballa e Rioaveso.
farolas led alumeado
26 Maio 2021

O grupo de goberno do Concello de Vilalba levará ao pleno municipal deste xoves un proxecto que permitirá a renovación con tecnoloxía LED do alumeado publico nas parroquias de Santaballa e San Xurxo de Rioaveso.

En concreto, trátase da modificación dun proxecto para o que o concello está a piques de acadar unha nova subvención do Instituto para la Diversificación y el Ahorro de la Energía (IDAE), dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica. O orzamento total dos traballos é de 225.000 euros, dos que o concello só tería que aportar 40.000 euros.

A actuación servirá para a renovación de 201 luminarias en Santaballa e Rioaveso, ademais da instalación de novos cadros de luz, cableado e a susbtitución de conductores aéreos e subterráneos. Ademais, o aforro enerxético será considerable grazas á tecnoloxía LED.

“É o primeiro proxecto subvencionado polo IDAE que temos para as parroquias, unha actuación moi importante para Vilalba”, afirma Luis Fernández, concelleiro de Infraestruturas de Vilalba.

Este proxecto sería o terceiro impulsado polo grupo de goberno de Vilalba que acada unha subvención do IDEA. As tres actuacións suporán un investimento no concello de 550.000 euros.

“Levamos meses traballando na renovación do alumeado municipal, tanto no centro como nas parroquias, apostando pola tecnoloxía LED para cumprir todas as recomendacións da UE e dar un mellor servizo aos veciños”, engade Fernández.

0.20018792152405