O Goiriz logrou esta fin de semana o ascenso a Segunda tres xornadas antes do remate

O Goiriz fixo esta fin de semana unha celebración moi especial ao rematar o seu partido co Matela, xa que a vitoria que lle deu o 0-2 tamén lle trouxo o ascenso matemático a Segunda Futgal tres xornadas ante de que remate a Liga.
O equipo, que levaba dúas campañas en Terceira, xa estivo ás portas do ascenso na pasada edición pero agora pode festexar o ascenso logo dunha tempada espectacular que practicamente liderou, xa que leva 15 vitorias, un empate e unha derrota en 17 partidos. Aínda non pode cantar o alirón como campión de grupo xa que o Castroverde, que está segundo, está só a tres puntos.
Ademais do Goiriz, están en postos de promoción tamén outros equipos chairegos como o Cazás, o Rioaveso, o Matela e o Abadín. Destes, os dous primeiros xa teñen a praza asegurada e os outros dous aínda deberán seguir loitando. Entre os catro clasificados para play off farase unha eliminatoria, xa que só ascenderá un.