O góspel chega o luns a Vilalba cun concerto solidario

TerraChaXa
As entradas teñen un prezo de 12 euros e poden adquirirse por Internet ou unha hora antes do inicio do concerto en taquilla
gospel-en-vilalba
7 Dec 2025

A vila de Vilalba acollerá o este luns, 8 de decembro, ás 20:00 horas, unha noite de góspel solidaria protagonizada polo grupo Aba Taano, un conxunto formado por cinco voces de Uganda que revolucionaron o góspel africano en Europa.

O concerto celebrarase no Auditorio e ten un carácter benéfico, a favor da organización Música para Salvar Vidas, que traballa para ofrecer oportunidades de futuro a nenos e mozos en Uganda a través da música e da educación.

As entradas teñen un prezo de 12 euros e poden adquirirse na plataforma giglon.com ou directamente na taquilla, unha hora antes do comezo do espectáculo.

O evento promete unha noite chea de emoción, talento e solidariedade, combinando a forza da música góspel coa causa humanitaria que representa o proxecto Música para Salvar Vidas.

⚙ Configurar cookies
0.043997049331665