O grupo Asubíiños celebra o seu V aniversario cun festival de fin de curso en Cospeito

TerraChaXa
Será este venres, 20 de xuño, ás 20.30 horas, con entrada de balde
festival-asubiinos
19 Jun 2025

O grupo Asubíiños celebrará o seu festival de fin de curso o vindeiro venres 20 de xuño de 2025, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura da Feira do Monte, en Cospeito. A cita terá un carácter especial, pois coincidirá co V aniversario do grupo, e contará coa participación dunha artista sorpresa, cuxo nome se manterá en segredo ata o día do evento.

A entrada será totalmente gratuíta ata completar aforo, polo que se agarda unha gran asistencia de público para acompañar ao grupo nesta data tan sinalada. A organización do evento corre a cargo de Cousas Nosas, coa colaboración do Concello de Cospeito.

Desde a organización animan á veciñanza e a persoas de toda a contorna a achegarse para gozar dunha noite chea de música, celebración e emoción, na que se porán en valor o traballo e a ilusión dun grupo que leva cinco anos promovendo a cultura e o talento local.

⚙ Configurar cookies
0.14416909217834