O grupo de apoio a persoas con demencia de Begonte organiza unha segunda sesión este mes

O Centro de Día de Begonte realizará unha segunda sesión do grupo de apoio dirixido a familias de persoas con demencia da comunidade. Esta iniciativa ten como obxectivo ofrecer un espazo de acompañamento e orientación ás familias que conviven con esta enfermidade.
A actividade estará impartida polo psicólogo do centro e terá unha duración de unha hora e media, sendo de carácter gratuíto. A sesión desenvolverase o martes 25 de novembro, de 18:00 a 19:30 horas, nas instalacións do centro de día situadas na Rúa Praza nº 2 (baixo), Baamonde.
As persoas interesadas poden obter máis información e inscribirse a través dos teléfonos 687 056 194 ou 982 39 80 04.
A iniciativa conta coa colaboración da Xunta de Galicia e do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar.